A pensión Santa Clara está situada xusto fronte ao convento do mesmo nome, que conserva a igrexa de estilo gótico oxival da segunda metade do século XIV, cun importante conxunto de retablos barrocos. Situado extramuros, no chamado Camiño de Castilla, daba nome tamén á Porta de Santa Clara, unha das cinco entradas da antiga muralla, xunto coa Porta de Trabancas, na praza da Ferreiría, a Porta de San Domingos, no convento de San Domingos, a Porta de Santa María a Grande, na Basílica de Santa María a Maior, e a Porta da Ponte, na Ponte do Burgo.












Igrexa de Santa Clara


A escasos metros entramos no centro histórico de Pontevedra, declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1951. É un dos mellor conservados de Galicia, e comprende a zona que se encontraba intramuros, tras as cinco portas da cidade medieval. É peonil, e o seu amable trazado convida a pasear polas súas rúas, soportais e prazas, ao longo das que se suceden pazos urbanos, igrexas, casas tradicionais, blasóns e escudos heráldicos, fontes, cruceiros... que o dotan dunha riqueza monumental extraordinaria.
As prazas máis representativas da cidade toman o seu nome do oficio que antigamente se desenrolaba nelas: a Ferreiría, a Verdura, a Pedreira, onde se atopa o Pazo de Mugartegui, sede do consello regulador do Viño con denominación de orixen Rías Baixas, ou a Praza da Leña, cun cruceiro do século XVI e os edificios centrais do Museo de Pontevedra, son de grande interese para o visitante, tanto pola animación das súas terrazas coma polo seu incomparable entorno.






























Praza da Leña



Pontevedra conta coa vantaxe engadida da súa excelente situación en pleno centro das Rías Baixas, a un paso de importantes centros turísticos da provincia e cun acceso fácil e cómodo ás principais cidades galegas. Ademáis desde aquí e sen necesidade de grandes desprazamentos terá a posibilidade de realizar numerosas e variadas rutas tanto monumentais coma paisaxísticas e incluso gastronómicas e marítimas. A ruta do viño, a dos petroglifos, a de Valle-Inclán, a dos mosteiros, sen esquecer a das praias e a do Salnés, ofrecen ao visitante unha infinidade de actividades de lecer, cultura e natureza.











Pazo da Cultura desde a ponte dos Tirantes


















Igrexa de Santa Clara, bóveda de nervios radiais






















Igrexa da Virxe Peregrina


















Escudo na Praza da Verdura

Prazas da Ferreiría e a Estrela (dereita)

Praia fluvial do río Lérez
Santa Clara, 31-1ºA    36002 - Pontevedra
Teléfonos: + 34 986 846 820 / + 34 628 845 764 / + 34 628 845 774